Quantcast
Channel: O meu Ubuntinho » Internet
Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Nova versión de Spotify dispoñíbel

$
0
0

Spotify é un dos reproductores streaming de música máis importantes do mercado que conta cunha versión gratuíta. Iso si, a cambio de ter que escoitar anuncios nos mementos menos oportunos. :P. Hai uns días anunciaban que contaban con 10 millóns de usuarios de pago e un total de 40 millóns de usuarios activos.

Pese a que nun primeiro momento a version para Linux era exclusivamente de pago, xa fai uns anos que abriron a opción da versión gratuíta para nós tamén, que hai uns días foi actualizada cunha renovada interfaz gráfica que, coido, é bastante máis amigábel que a anterior.

Ademais incorpora algunhas melloras específicas para sistemas Linux, como é a utilización de SSL 1.0 e a notificación dos cambios de canción na área de notificación de Ubuntu.

Para instalalo son precisos seguir os seguintes pasos:

Primeiro é necesario engadir os repositorios de Spotify á nosa lista:

denis@ubuntinho:$ sudo gedit /etc/apt/sources.list

E pegamos a seguinte liña:

deb http://repository.spotify.com/ stable non-free

denis@ubuntinho:$ sudo apt-key adv --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv-keys 94558F59
denis@ubuntinho:$ sudo apt-get update
denis@ubuntinho:$ sudo apt-get install spotify-client

Se xa tes instalada a versión antiga de Spotify recoméndoche desinstalar a vella primeiro:

denis@ubuntinho:$ sudo apt-get remove spotify-client-qt
denis@ubuntinho:$ sudo apt-get purge spotify-client-qt
denis@ubuntinho:$ sudo apt-get remove spotify-client
denis@ubuntinho:$ sudo apt-get purge spotify-client
denis@ubuntinho:$ sudo apt-get install spotify-client

NOTA: ESTA VERSIÓN SÓ ESTÁ DISPOÑÍBEL PARA SISTEMAS DE 64 BITS POR AGORA


Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


SVENJA HERRMANN [20.216]


Goku tamaño real